Lugonovo considera que existen importantes eivas na supervisión dos contratos públicos

  Cristina Pérezsan-froilan-2016-lugo_img1645n1t0 A concelleira de Lugonovo, Cristina Pérez Herráiz cre precisa unha maior supervisión do cumprimento dos contratos municipais, tamén dos menores, despois de detectar o que considera, varias irregularidades no que atinxe á páxina web do pasado San Froilán. “Entre os requerimentos á empresa figuraba, por exemplo, a creación dunha App para móbil que nunca se chegou a poñer a disposición da cidadanía. Sen embargo, o Concello abonou o importe íntegro acordado. Pagar polo que non se fai non é, senón, un despilfarro dos recursos públicos, para nada xustificado”, sinala a edil. “En canto á calidade do traballo, este aspecto parécenos moi mellorable. Como exemplo apuntamos a encomenda dunha tarefa de seguemento das novas relativas ás celebracións que, ao noso entender, debera centrarse nas semanas previas aos festexos para tratar de difundir a programación e non en indagar o que deles se fala tres meses despois. Igual que nos resulta ilóxico que se limiten cun tope máximo, e non mínimo, o volume de tarefas que se deben acometer”. Pérez Herráiz pon o foco na importancia económica que, ao final do ano, teñen estas pequenas concesións que se escapan ao control do resto dos grupos municipais pola súa definición legal. “Menores serán, porque neste caso estamos a falar de que o seu importe non alcanza os 8.000 euros, pero igual que aquel gran que non fai paneira, a base deste tipo de adxudicacións o mesmo negocio percibiu máis de 100.000 euros só durante o pasado exercicio”. Dende a formación sinalan que xa van case 4 meses dende que o Pleno, a proposta de Lugonovo, acordou crear unha Comisión de Control e Fiscalización da Contratación sen que nada se avanzara ata o de agora na súa tramitación. “Tratábase de posibilitar un seguimento, exclusivamente político, de todo o proceso licitador, dende a elaboración dos mesmos pregos ata a finalización dos expedientes e conclusión das obras ou servizos prestados polas adxudicatarias para confirmar que estas respectan o acordado” – lembra Pérez Herráiz , “unha tarefa de vixilancia, que ao contrario do que aconteceu nesta ocasión,  houbera garantido que se cumprise o pactado”.