A Asamblea de Lugonovo posiciónase na abstención de cara aos vindeiros orzamentos

Lugonovo votará cunha abstención os orzamentos municipais de 2017.

Así o decidiu onte a súa Asamblea, que baseou este posicionamento na falta de confianza que lle ofrece o goberno ante o incumprimento dos acordos anteriores e a xestión tan ineficaz que desenvolveu ate o momento. “Como portavoz de Lugonovo quero trasladar que a determinación que tomou a Asamblea foi a de absterse e non apoiar a aprobación dos próximos presupostos, pero tampouco bloquealos.

O criterio defendido pola maioría dos participantes no encontro, obedece á falta de credibilidade que leva amosado, nestes case dous anos de mandato, o executivo, ao non ser capaz de resolver con rigor e dilixencia os grandes retos da cidade”, explica Santiago Fernández Rocha. “Asemade, os membros da organización, concluíron que durante o último exercicio case non se materializou ningún dos acordos aos que se chegara na pasada negociación o que propicia a desconfianza de que isto se repita”. A proposta que Lugonovo presentaba ao equipo de Lara Méndez mantiña como imperativos a regularización de tódolos contratos municipais así como o inicio da municipalización dos servizos externalizados.

“Dous compromisos que a Asamblea valorou como brindis ao sol ao considerar que o Psoe podía aceptalos pero non tiña a vontade de cumprilos”, conclúe Fernández Rocha.