DEREITO ANIMAL: TRAS O EXITOSO FALADOIRO, SEGUIMOS COA FOLLA DE RUTA

Representantes da asociación animalista LIBERA! e da Franz Weber Foundation formaron parte do faladoiro que tivo lugar o pasado sábado no local de Lugonovo coa fin de intercambiar ideas e propostas para mellorar a vida dos animais en Lugo e lograr unha convivencia responsable, pacífica e harmoniosa entre a cidadanía e os animais. Unicamente con políticas públicas de protección animal poderemos acadar este importante logro. Para iso, como primeiros pasos acordordáronse as seguintes propostas:

•    Redacción dunha nova Ordenanza Municipal para a protección e tenza de animais en Lugo.

•    Creación dunha Xornada de Protección Animal que pretende provocar un encontro entre diferentes actores sociais interesados no benestar dos animais e no fomento dunha convivencia responsable. Para isto se propoñen diversas actividades dentro desta xornada: taller para aprender a facer denuncias, taller educativo, mesa redonda con grupos políticos municipais e a importancia da veterinaria na protección animal. Agardamos levar a cabo estas propostas con brevedade e, deste modo, axudar a converter Lugo nunha cidade amigable cos animais.