BASES PARA CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE APOIO PARA LUGONOVO

PRIMEIRA. Obxecto da contratación O obxecto destas bases é a selección de persoal para o desempeño de persoal de apoio o grupo político de Lugonovo a media xornada e terá duración dun ano. SEGUNDA. Funcións A persoa seleccionada realizará as funcións  administrativas, contabilidade, arquivo, redes sociais e organización de actos propios do grupo político. TERCEIRA. Horario O horario de traballo será de tarde adaptándose en todo momento as necesidades do servizo, podéndose modificar en calquer momento. CUARTA. Retribucións O posto de traballo terá unha retribución superior á correspondente según o convenio establecido. QUINTO Establécese un periodo de proba de 2 meses, pasado o cal sen que producira o desestimento, o contrato producirá plenos efectos. SEXTA . Requisitos de admisión Para poder presentarse ao proceso de selección solicitarase os siguintes requisitos:

  1. Ser maior de dezaoito anos.
  2. Estar en posesión de título de Bacherelato, Formación Profesional de Grao Superior ou equivalente.
  3. Ter coñecementos de informática (Word,Access, Excel e Power Point).
  4. Coñecementos e manexo de Redes Sociais.
  5. Dominio do galego escrito e falado.
  6. Coñecemento da Organización Lugonovo.

SÉPTIMA. Forma e prazo de presentación de solicitudes Os/As interesadas/os en participar no proceso de selección deberán presentar vía correo electrónico (comunicacion@lugonovo.gal ) ou por correo postal a dirección de  Lugonovo Ronda Muralla nº 164 Baixo 27004 Lugo. O prazo para presentar as solicitudes remata o 18 de xuño ás 24h. de 2017. Xunto a documentación requerida no apartado octavo deberá presentar fotocopia DNI e curriculum vitae. OCTAVA. Méritos Valoraránse os méritos achegados polas/os aspirantes co seguinte baremo, cun máximo de 20 puntos:

  • Pola prestacións de servizos na Administración Pública ou en empresas privadas nun posto de similares funcións , un punto por ano, ata un máximo de 8 puntos.
  • Por cada título- certificado de asistencia a cursos de formación nas materias relacionadas co posto solicitado de duración entre 15 e 24 horas ( ambas incluídos) un punto por cada un ata un máximo de 4 puntos.
  • Aqueles cursos cunha duración maior a 25 horas, 1,5 puntos, ata un máximo de 6 puntos.
  • Título Celga catro 2 puntos.

Todos os méritos deberán ser alegados e probados documentalmente polas/os aspirantes mediante la presentación de documentos orixinais ou cotexados. NOVENO. Entrevista Realizarase unha entrevista os/as aspirantes seleccionados previamente polo tribunal na fase curricular. Valorarase ata un máximo de 10 puntos. DÉCIMO. Notificación O  resultado da selección notificaráselle persoalmente a persoa seleccionada.