O 25 de Xullo é unha festa, a festa en que celebramos ser, recoñecernos, ter e querer os elementos que nos unen nunha comunidade perfectamente identificabel.
Tamén é un día para reivindicar os dereitos colectivos, as aspiracións nacionais.
A patria é a expresión da vontade colectiva, o país que imaxinamos e polo que loitamos.
Sabemos que a loita democrática radical, a defensa dos dereitos dos individuos e a toma de decisións dende abaixo conduce a esa identificación e reclamación colectiva.
A preocupación polas persoas devén e vai parella coa definición común, democracia é tamén loita nacional.
Lugonovo chama a todas a participar, cada quen á súa maneira, na xornada do 25 de Xullo, o Día da Patria, o Día de Galicia, o día Nacional de Galicia. A expresar todas a patria que queremos, asentada nos valores solidarios, republicanos e universais.
Lugo, 24 xullo do 2017