A Asemblea de Lugonovo ratifica a Cristina Pérez como portavoz municipal

A Asamblea de Lugonovo celebrou onte unha reunión na que, como conclusión, saíu ratificada por unanimidade Cristina Pérez Herráiz como voceira do Grupo Municipal.

Por outra banda tamén foi presentada Victoria Esteban Riesco como a nova edil que integrará a formación no Concello e que tomará posesión a próxima semana no transcurso do Pleno do día 28 de setembro.

Na xuntanza quedou, asemade, informado o reparto de áreas nas que terán competencia cada un dos concelleiros e, tralo seu debate, aprobáronse os termos que recollerá a Carta Financieira da organización.

Tamén dunha forma consensuada, a Asamblea coincidiu coas valoracións xa realizadas pola portavoz de Lugonovo, ao respecto de que é preciso aclarar os termos nos que se produxo a investigación, revelada estes días, sobre a actividade desenvolvida polos grupos municipais.

Unha situación da que, os seus integrantes, responsabilizan políticamente ao equipo de goberno coa Alcaldesa como máximo expoñente.

O acontecido evidencia, para Lugonovo, a mellor mostra dunha concepción antidemocrática das liberdades coas que os distintos grupos debéramos poder exercer os nosos dereitos e obrigas como oposición”.