Lugonovo presenta o seu xornal LUGONOVAS

Lugonovo vén de presentar a súa publicación oficial LUGONOVAS, un xornal con vocación semestral no que as e os integrantes da formación tratarán de trasladar á cidadanía os detalles da actividade que desenvolven no Concello.

Co foco posto na necesidade de recuperar o barrio da Tinería, nesta primera edición abórdanse tamén outras cuestións como os retos que a organización se plantexa para o futuro así como un resumo das iniciativas plenarias que se propuxeron nestes dous anos de mandato.

Unha entrevista á portavoz do Grupo Municipal, Cristina Pérez Herráiz, e as valoracións que os concelleiros Iñaki García e Victoria Esteban realizan da realidade local, completan, xunto cos artigos de varias entidades culturais e sociais, os contidos deste periódico.

Cunha tirada inicial de 40.000 exemplares, 3.000 deles destinados ao rural, LUGONOVAS comezará a chegar aos domicilios lucenses dende hoxe mesmo.