Lugonovo amosa o seu descontento pola raquítica ampliación horaria do servizo de hemodinámica

“A mellora non chega nin ao medio parabén. Se ata onte as e os lucenses só podiamos infartar de 8 a 3, hoxe temos de marxe ata as 10 da noite. Pero pobres de nós que o fagamos a partir desa hora, porque entón estamos perdidos”.

A portavoz do Grupo Municipal Lugonovo lamenta, non sen certa ironía, o escaso compromiso coa saúde pública e coa cidadanía desta provincia que vén de amosar a Xunta ao ampliar só en media xornada máis o horario da sala de hemodinámica do HULA.

“É un avance pero resulta insuficiente. Cando os pacientes sexan capaces de programar as súas doenzas estaremos conformes con que se limite ou restrinxa a prestación deste servizo. Mentres, dende Lugonovo seguiremos pelexando para que este Concello e a provincia, pero sobre todo, para que a súa pobación conte cos mesmos dereitos que a veciñanza do resto de Galicia”, conclúe Cristina Pérez Herráiz.