Lugonovo ante o ataque ao local da Marea Atlántica

Ante o intolerábel ataque contra a sede da Marea Atlántica, dende Lugonovo queremos amosar o noso apoio á actividade política por vías pacíficas e democráticas, ben como solidarizarnos coa Marea Atlántica ante unha operación de acoso e intimidación que nos retrotrae a tempos ben máis escuros. É inescusábel causar destrozos na sede dun partido político como media de expresión de disentimento. Fronte a esta clase de accións situamos no diálogo e na busca de consensos na procura dun novo modelo de cidade o camiño a seguir para a consecución dun cambio real e duradoiro que constrúa unha sociedade mellor: mais xusta, igualitaria, cívica e solidaria.