Mañá arrincan as primarias de Lugonovo

Lugonovo votará mañá sobre a posibilidade de que Cristina Pérez Herraiz, actual portavoz municipal, encabece a candidatura de Lugonovo ás eleccións municipais de 2019. Máis de tres centenares de asinantes do manifesto de Lugonovo poden depositar o seu voto entre as 10 e as 20:30 horas no local de Lugonovo, espazo habilitado para a celebración do referendo. Os resultados coñeceranse durante a hora seguinte ao peche de votacións.