A dotación xa existe, agora deámoslle servizo: buses lanzadeira para os estacionamentos disuasorios.

Lugonovo pide conectar o novo aparcadoiro do Adif co centro da cidade mediante buses lanzadeira.

“A proposta é extensible ao resto de estacionamentos disuasorios que, se prevé, entren en funcionamento proximamente, artellando o concello a través dun servizo de transporte público que sexa áxil e eficaz”, explica Víctor Álvarez quen lembra que foi esta formación a primeira que propuxo dotar a capital con zonas gratuítas de aparcamento na periferia.

O edil do Grupo Municipal destaca que as novas prazas creadas ao carón da estación do tren teñen xa unha elevada ocupación o que fai convinte revisar canto antes a actual rede de liñas e paradas do autobús urbano para adaptalas á nova realidade que se presenta.

Álvarez Arias entende que os cambios deben respectar o deseño trazado no seu día polo Plan de Mobilidade demostrando a aposta clara do executivo porque as persoas recuperen un papel protagonista na accesibilidade local e pulando por diminuír o uso do turismo privado e os niveis de contaminación acústica e medioambiental.

Por outra banda, o concelleiro insta ao goberno a limpar e retirar a maleza que dificulta o paso peonil na rúa Alta que, trala creación do parking viu incrementado o seu tránsito, especialmente no treito que vai desembocar na rotonda da rúa Monforte, “xa que as silvas e a vexetación invaden boa parte do espazo que lle corresponde ao viandante”, conclúe Víctor Álvarez.