Unha hora de agarda para un trámite de dous minutos!

11:30 da mañá…. 55 persoas agardan no recibidor do edificio da Xunta para ser atendidas no Rexistro Xeral.

Facendo cola hai mulleres embarazadas, nais con crianzas e mesmo anciáns que botan de pé, porque os asentos non alcanzan para todos, unha media dunha hora de reloxo ata poder realizar un trámite que logo se despacha en apenas uns minutos.

Lugonovo insta aos cargos políticos responsables a mellorar o funcionamento dun servizo que considera esencial para a cidadanía ao considerar que, ao marxe de que a atención ao público non está a resultar todo o eficiente que debera se trata tamén dunha situación insostible para o cadro de persoal que traballa nese departamento.

A organización cualifica o acontecido como “unha afronta máis da Xunta á poboación lucense” contra a que chaman á sociedade “a rebelarse e a reivindicar ante a administración galega o garante dunha calidade mínima nas prestacións que oferta”.

� 8� P� h� �� �� �� ȱ �f��