A liberdade de expresión, sen corsés!

Lugonovo cualifica de “ataque agudo de ignorancia” a reacción do Partido Popular sobre o  mural dedicado aos Mártires de Carral en San Roque.

“Desautorízase así mesmo quen descoñece a propia historia de Lugo e a importancia que esta cidade tivo nas loitas do século dezanove pola liberdade”, lamenta Xosé Chorén.

“Ademais, atreverse a cuestionar a un grande das letras como Manuel María é simplemente negar a nosa cultura e poñerlle paus nas rodas á nosa lingua, un comportamento que, por outra banda, non nos sorprende tendo en conta de quen vén”, engade o candidato de Lugonovo ás vindeiras eleccións municipais.

A formación amosa o seu apoio á liberdade creativa e de expresión “e, sobre todo, á cultura sen corsés” especialmente cando, “coma neste caso, como xa referiu o goberno local, a actuación contra con todos os permisos pertinentes”, conclúe Chorén Vázquez.