Lugo é quen máis ordena

Ducias de veciñas e veciños participaron na tarde de hoxe na iniciativa coa que Lugonovo conmemorou no centro da cidade o 45 aniversario da Revolução dos Cravos que deu paso á democracia en Portugal. Por segundo ano consecutivo, militantes de Lugonovo distribuiron centos de caraveis entre a poboación luguesa. O candidato á alcaldía Xosé Chorén e a portavoz municipal e cabeza de lista de En Marea ao Congreso dos Deputados Cristina Pérez Herraiz, xunto a inscritas e inscritos da formación, distribuiron as flores entre a veciñanza que paseaba polo centro e convidárona a depositar ideas para mellorar a cidade nunha urna habilitada a tal efecto.

Lugonovo aproveitou a data e a proximidade de dous importantes procesos electorais para dar voz á cidadanía convidándoa a compartir propostas que a formación se compromete a estudar de cara á elaboración do seu programa electoral con forte pegada veciñal. Baixo o lema “Lugo é quen máis ordena”, unha homenaxe ao “Grândola Vila Morena”, himno da revolución que foi presentado por primeira vez en Galicia, Lugonovo quixo dar unha oportunidade de expresarse publicamente a todas as luguesas e lugueses.

Posteriormente, as ideas depositadas na urna foron reveladas en directo a través de internet dende as redes sociais da formación.