Lugonovo recoñece as persoas que pasan a conformar o Grupo Mixto do Parlamento como depositarias e representantes do proxecto de En Marea

Lugonovo, así como En Marea de Sarria e En Marea Mondoñedo, veñen de pronunciarse sobre o acontecido no Parlamento de Galicia, co paso das dúas persoas que representan a provincia de Lugo e otros dous deputados ao Grupo Mixto para continuar a defender o proxecto de En Marea sen ataduras nin mordazas. Para estas organizacións, Luís Villares, Paula Vázquez Verao, David Rodríguez e Pancho Casal representan o proxecto dunha Marea galega plural, non adulterada polas cúpulas partidarias, e practicante da necesaria horizontalidade democrática. Destacan que son persoas que teñen rendido contas do seu labor periódicamente ante a cidadanía galega e ante o conxunto de inscritas e inscritos en En Marea, nunha praxe política pouco frecuente pola súa honestidade.


Lugonovo e as mareas da provincia lamentan tamén a situación de incerteza que as tensión políticas xeradas polo dirixismo dos partidos no seo de En Marea teñen creado, deteriorando o espazo político de cambio e desilusionando a amplas capas sociais. Neste sentido, a plataforma reclama responsabilidade e altura de miras nun momento histórico en que o PP ve ameazada a súa hexemonía electoral.

 

Lugonovo, En Marea Sarria e En Marea Mondoñedo continuarán a traballar coas persoas que integrarán en diante o Grupo Mixto do Parlamento e co conxunto da cidadanía luguesa e galega para vogar conxuntamente por un cambio político que devolva ás galegas e galegos as elementais ferramentas democráticas.