É un dos percorridos máis frecuentados entre os afeccionados ao sendeirismo pero o certo é que o último treito da Avenida Marqués de Ombreiro, nexo de unión co paseo do mesmo nome, non obedece aos criterios de seguridade mínima que debera ofrecer para a práctica desta actividade.
O motivo, a xuízo de Lugonovo, é a ausencia dun espazo ben delimitado para a circulación peonil que garanta a protección dos usuarios ao longo de todo o seu traxecto.
0 comentarios