Blogue de lugonovo

Lugonovo insiste na conveniencia de instalar un semáforo na Porta Miñá que permita a dobre dirección

Lugonovo insiste na conveniencia de instalar un semáforo na Porta Miñá que permita a dobre dirección

  • 17 de Xullo do 2018
  • 0

Lugonovo reitera a súa petición para que o goberno valore instalar un semáforo que regule o acceso do tráfico rodado ao Casco Histórico a través da Porta Miñá.

“Trátase dunha vella demanda veciñal que se vén repetindo nos últimos tempos e que mesmo na Mesa Local de Comercio, celebrada a principios de mes, os propios empresarios da contorna quixeron recuperar para advertir que pequenas actuacións coma esta mellorarían notablemente a vida no barrio”, explica a voceira da formación.

0 comentarios

Lugonovo propón abordar o saneamento do rural con Filtros Verdes que favorezan a depuración natural

Lugonovo propón abordar o saneamento do rural con Filtros Verdes que favorezan a depuración natural

  • 16 de Xullo do 2018
  • 0

Lugonovo propón reproducir os sistemas de depuración que se dan nas lagoas, como alternativa factible para o saneamento do rural.

O Grupo Municipal trasladará ao vindeiro Pleno unha iniciativa para que o Concello estude a viabilidade de aplicación de técnicas biolóxicas para tratar as aguas residuais nos núcelos do concello.

0 comentarios

Lugonovo pregunta para cándo a posta en marcha dos itinerarios escolares seguros

Lugonovo pregunta para cándo a posta en marcha dos itinerarios escolares seguros

  • 13 de Xullo do 2018
  • 0

Lugonovo quere saber cando entrarán en vigor os itinerarios escolares seguros, anunciados polo Concello hai case un ano pero sen que, ata a data, se trasladara ningún avance máis sobre a súa posta en funcionamento.

0 comentarios

Lugonovo insta ao goberno a reforzar o cadro de persoal de servizos sociais

Lugonovo insta ao goberno a reforzar o cadro de persoal de servizos sociais

  • 12 de Xullo do 2018
  • 0

Os beneficiarios das axudas de emerxencia social pasaron de ser 1357 no ano 2015 a 1465 en 2017, un exercicio no que 12.214 persoas precisaron, ademais, algún tipo de axuda dos Servizos Sociais do Concello, demostrando, a xuízo de Lugonovo, que o percorrido da crise económica dista moito de ter rematado aínda.

0 comentarios

Lugonovo pide adiantar a setembro unha nova convocatoria de axudas ao alugueiro e ampliar a súa consignación

Lugonovo pide adiantar a setembro unha nova convocatoria de axudas ao alugueiro e ampliar a súa consignación

  • 10 de Xullo do 2018
  • 0

Lugonovo solicitará no vindeiro Pleno Municipal que o Concello adiante a setembro unha nova convocatoria das axudas ao alugueiro e que se incremente a súa consignación para poder atender todos os expedientes, máis de 150, que, na actualidade, se atopan en lista de espera.

0 comentarios

Lugonovo advirte que os paneis informativos dos parkings levan meses inoperativos

Lugonovo advirte que os paneis informativos dos parkings levan meses inoperativos

  • 6 de Xullo do 2018
  • 0

“Resulta, cando menos, curioso, que só funcione correctamente aquelo que dá beneficio económico pero non así o que é de servizo para a cidadanía”.

Cristina Pérez Herráiz denuncia que os paneis informativos sobre a ocupación dos parkings soterrados levan meses inoperativos mentres que a parte publicitaria destes soportes se segue comercializando.

0 comentarios

Lugonovo insta ao goberno a limpar a contorna do Campus

Lugonovo insta ao goberno a limpar a contorna do Campus

  • 5 de Xullo do 2018
  • 0

Lugonovo denuncia a situación de abandono que sofre a Avenida Bernardino Pardo Ouro onde a maleza supón xa un atranco para os viandantes.

“Boa parte da beirarrúa permanece ocupada polas silveiras e o aparcadoiro de bicicletas vai camiño de perderse debaixo delas”, explica Victoria Esteban quen tamén alerta dos perigos de non retirar o cableado que quedou ao descuberto na instalación “ao alcance da man de calquera que pase ao seu carón”.

0 comentarios

Lugonovo alerta de que o Museo Provincial fai augas

Lugonovo alerta de que o Museo Provincial fai augas

  • 3 de Xullo do 2018
  • 0

Cada vez que chove o Museo Provincial fai augas. Lugonovo denuncia que a instalación cultural padece importantes deficiencias que mesmo poden comprometer o patrimonio que alberga.

“Os corredores están cheos de cubos para recoller as continuas pingueiras que verten do teito. As goteiras son tantas que mesmo alcanzan aos mosaicos poñendo en perigo a súa conservación”, relata Victoria Esteban Riesco.

0 comentarios

Lugonovo insta ao goberno a incrementar os espazos cardioprotexidos

Lugonovo insta ao goberno a incrementar os espazos cardioprotexidos

  • 2 de Xullo do 2018
  • 0

Lugonovo insta ao goberno a tomar exemplo doutras rexións e aumentar os espazos cardioprotexidos da cidade.

A formación preguntará ao executivo polo número de dependencias municipais dotadas con desfibriladores automáticos logo de que se cumpran dous anos dende que a agrupación trasladara unha proposición ao Pleno para ampliar de forma progresiva os recintos públicos que dispoñen deste tipo de utensilios.

0 comentarios

Lugonovo solicita o arranxo da medianeira peonil da Ronda do Carme

Lugonovo solicita o arranxo da medianeira peonil da Ronda do Carme

  • 29 de Xuño do 2018
  • 0

Lugonovo chama a atención sobre o estado de conservación no que se atopa a mediana peonil da Ronda do Carme.

O pavimento do paseo presenta, a xuízo do Grupo Municipal, un grave deterioro como consecuencia do crecemento das raíces do arboredo que contén e da falta de coidados que, dende hai anos, padece este enclave.

0 comentarios