Candidatura

Santiago Fernández Rocha

Candidato á Alcaldía

Traballarei arreo para que LUGONOVO contribúa a ser o froito do espertar dunha sociedade, hoxe traicionada pola actitude complacente da maioría dos seus representantes coa inxustiza, a corrupción e o deterioro dos valores democráticos.

Traballarei arreo para que as nosas propostas sexan o motor da rexeneración política na nosa cidade e permitan que a cidadanía volte a crer nos seus representantes e nas súas Institucións públicas.

Traballarei arreo para que sexamos o xerme dunha nova forma de facer política, máis participativa, máis transparente e máis comprometida coas necesidades da maioría da xente, pero tamén co progreso e os valores da galeguidade.

Traballarei arreo para que LUGONOVO sexa a cidadanía facendo política.

É O MEU COMPROMISO.


Cristina Pérez Herraiz

Número 2

Vou impulsar a participación cidadá real. Hei defender o establecido no noso programa político e traballar como auténtica representante do pobo. O que máis me preocupa: o paro e a precariedade laboral, cuestións que coñezo moi de preto. Quero un Lugo con futuro para a súa mocidade e presente para todos. Unha cidade que respete ás persoas, o medioambiente e a nosa cultura. Un Lugo onde sexa fácil vivir en igualdade e integración social. Un Lugo máis xusto e para todos.

Iñaki García Gómez

Número 3

Unha política sensible c@s mais desfavorecid@s, una renda básica municipal, outra cidade que respete o medio ambiente, sostible, cun urbanismo racional, enmarcada nas cidades verdes e con servizos públicos de calidade. Estas son as miñas motivacións para estas primarias de Lugonovo.

Mª Soledad López Ares

Número 4

A insoportable situación actual esixe mais que nunca una nova forma de facer politica, e isto tamen creo que o comparte moita, ou case toda a xente, ainda que moita teña perdido a confianza e mesmo a esperanza.
Pode parecer tarde para dar este paso, pero parafraseando o cantautor Leon Gieco quero “Que la reseca muerte no me encuentre […] sin haber hecho lo suficiente”

Xabier I. Villares Naveira

Número 5

Como a tanta outra xente da miña xeración, o tsunami desta crise e da estafa que a acompaña tenta arrastrarme lonxe da miña cidade. A falta de oportunidades é unha realidade palpable en todo o país, e compre poñer os servizos das entidades locais ao servizo da creación de emprego e da cobertura das necesidades básicas da cidadanía. Por iso precisamos un cambio!

Victoria Esteban Riesco

Número 6

Comprometida coa escola pública, teño participado en mobilizacións das plataformas en defensa do ensino e sanidade públicos, da lingua galega e do medio ambiente. Colaborei na organización de Lugo en Común e na de Lugonovo, co obxectivo de representar no Concello á maioría dos cidadáns cunha nova forma de facer política ao servizo das persoas.

Elías Pérez Sánchez

Número 7

Participei no debate cultural e no activismo social, reivindicando unha morte digna e o dereito a vivir e traballar coa mesma dignidade de cidadáns. Home de esquerda e galeguista, creo nos proxectos cooperativos de unidade popular, e así participei desde o comenzo en Gañemos Lugo e Lugo en Común a prol da converxencia das dúas iniciativas en Lugonovo. Preséntome porque creo en Lugo como un espazo de convivencia entre cidadáns que cómpre ser administrado desde a honestidade e a transparencia políticas.

Victor Andrés Álvarez Arias

Número 8

A miña vida laboral comeza nunha explotación hortícola e, dende hai máis de 20 anos, desenvolvo o meu traballo na Consellería de Medio Rural.
A miña traxectoria sempre estivo vencellada ás zonas rurais, dende as áreas de montaña (onde traballei 12 anos) ata a xestión de programas de infraestruturas na Delegación de Lugo de devandita Consellaría.
Neste momento de emerxencia social, participo en LUGONOVO, xunto con outras/os compañeiras/os para facer reais outras formas de gobernar.

Xohán Rompe García González

Número 9

Novos tempos para Lugo, con transparencia e sobor de todo con Participación dos cidadáns.
Novos tempos contra o paro, contra a corrupción, contra a pobreza,
Novos tempos contra os desafiuzamentos, contra o enchufismo
Novos tempos para as mulleres, a para a terceira idade, para a mocedade sin tutelas.
Novos tempos para a nosa identidade cultural, para a igualdade e a integración social.
Novos tempos para un medioambiente sostible.
Novos tempos para un urbanismo racional, uns novos servicios públicos.

Matilde Quiñoa Iglesias

Número 10

Ó longo da miña estanza en Madrid, estiven facendo voluntariado como asesora xurídica das persoas inmigrantes en situación de irregularidade. Feito que me levou, a día de hoxe, a continuar con este labor en Lugo. Ademais do ámbito xurídico, a miña carreira profesional estivo centrada no marco da cooperación e desenvolvemento, destacando as tarefas desempeñadas como técnica de proxectos en comunidades rurais de Honduras e Chile.
Ditas inquietudes, sumadas á necesidade dun cambio político e social do contexto actual, leváronme a tomar a decisión de querer ser parte actora deste proceso.

Francisco Rodriguez Lestegás

Número 11

Nacido en Foz hai 63 anos, vive en Lugo desde que comezou a súa actividade profesional, hai uns 40 anos. Na actualidade é Catedrático de Universidade e Decano da Facultade de Formación do Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo), polo que a súa biografía é fundamentalmente académica, como corresponde a unha vida dedicada á docencia, á investigación e á xestión no ámbito universitario.

José Ángel Leal González

Número 12

Estou farto de mangoneos por parte dos de sempre,coido que hai moito que cambiar e gañas e ilusión sóbranme. Coido que coincidimos en que os tempos son chegados.

Xosé Manuel Saa Vázquez

Número 13

As eleccións non se gañan no reconto.Gáñanse e pérdense antes.Sabemos que gañar é sumar.Sumar para sermos alternativa real á PPSOE.Xa que logo,cómpre en todo momento seguir acumulando forzas.Nise senso Lugonovo debe ser un proceso de confluencia contínua.Arestora é necesario manter os espazos de traballo abertos.,de abstraernos do proceso estaríamos a afastarnos do obxectivo. GOBERNAR.

Silvia Pascual Estepa

Número 14

Ha llegado el momento de dar la voz a los ciudadanos. Trabajar por un nuevo Lugo, para todos y todas. Miremos a Lugo con futuro. Por un camino hacia la estabilidad. Ahora es el momento, tu momento, nuestro momento.

Silvia Gutiérrez González

Número 15

Cursei Filoloxía Francesa, onde iniciei a miña laboura no movimento feminista e estudantil nacionalista. Actualmente traballo no sector da hostalaría, compaxinando a precariedade laboral co desemprego e sen deixar en nengun momento o meu compromiso coa sociedade, compromiso que me levou, entre outras cousas, a militar en Anova e colaborar no CSC O Carneiro Alado. Dende o inicio apostei por Lugonovo, pois creo firmemente no asemblearismo como única vía para devolverlle o poder á cidadanía.

Mª Carmen Tizón Estévez

Número 16

Creo nunha forma distinta de facer política municipal baseada no coñecemento da realidade da nosa cidade, dos problemas, das necesidades e das expectativas dos nosos veciños e veciñas. O Concello debe estar aberto ás suxestións e os concelleiros e concelleiras estar preto da poboación a fin de percibir a problemática do lugar e aplicar as mellores solucións no menor tempo posible.

Mª del Carmen Galván González

Número 17

Desde moi nova traballei en moitos oficios e teño catro fillos, os cales son a motivación principal pola que aqui me presento.

Nacín fai 55 anos e pasei a miña infancia na Galiza rural. Por falta de recursos vinme obrigada a estudar pouco e a distancia, conseguindo estudos medios de arte.

Mª Carmen Flores Ferreiro

Número 18

O Lugo que quero é un Lugo sostible , verde onde se protexa o patrimonio cultural e que os servizos municipales cheguen a tódolos cidadáns indepedentemente de onde vivan .
Un Lugo onde se garantan os dereitos sociales en canto a sanidade, educación, vivenda , emprego e benestar e onde a prioridade sexan as persoas.
Por eso me presento ás primarias de Lugo Novo porque penso que é unha oportunidade de que Lugo sexa como eu penso.

Paulo Grandío Montes

Número 19

Chámome Paulo Grandío Montes e teño 28 anos. Cursei estudos de Bioloxía en Santiago de Compostela e, posteriormente, fixen un máster en Enxeñería Ambiental na mesma cidade. Tiven a sorte de coñecer outros países coma o Reino Unido ou Irlanda grazas a pequenas estancias nos mesmos, e o último ano e medio estiven vivindo en Francia.

Xosé Manuel Fernández Varela

Número 20

Nacín en Friol, (Lugo) no ano 1962. Licenciado en Dereito e Diplomado na Escola de Práctica Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela (1980-1985). Membro do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo, e Secretario da súa Xunta de Goberno dende 1995 a 2010. Dirixín a Asesoría Xurídica do Sindicato Labrego Galego entre os anos 1988 e 1995. Socio fundador de Xustiza e Sociedade e membro do seu Secretariado, e membro da Irmandade Xurídica Galega. Outorgóuseme o Premio “Pedro González” por parte do Consello Galego da Avogacía, en recoñecemento á súa contribución ao uso e difusión do idioma galego na Administración de Xustiza. A miña actividade profesional desenvólvese fundamentalmente nos campos do Dereito Civil, Mercantil e Administrativo.

Xoan Carlos Carreira Pérez

Número 21

Nacin en Lugo en 1956. Son Doutor Enxenheiro Agronomo . Profesor de Enxenheria Agroforestal no Campus de Lugo desde hai mais de trinta anos. Tenho publicado dous libros e distintos artigos cientificos e de divulgacion. Fun Vicerreitor de Infraesrruturas e director da Escola Politecnica Superior e de Forestais
Militei no nacionalismo galego desde o ano 1974. Participei na posta en marcha do Sindicato Labrego Galego e na fundacion do BNG. Fun voceiro do BNG no concello de Lugo entre 1991 e 1996.

Neves Núñez Delgado

Número 22

Son Neves Núñez Delgado, nacín en Lugo hai 55 anos, crieime en Lugo no seo dunha familia humilde, fixen ata o bacharelato e dende nova xa me picaba o vermiño do voluntariado e a participación cidadá, cerca dos vinte anos marchei fora de Lugo e pasei 11 fora da miña cidade. A volta como non podía ser doutra maneira comprometinme politicamente , participei sempre en organizacións políticas, sindicais e feministas. Actualmente son unha pequena empresaria socia dunha sociedade laboral no sector do ensino privado.

Xosé Anxo Lage Suárez

Número 23

Nacín en Outeiro de rei en 1954 . Sindicalista. Funcionario da seguridade social. Concelleiro de trasnsòrtes na lexislatura 1999/2003. Afeccionado os deportes a musica e a gastronomia. A politica e a mina pasion e lugo a miña devocion, unha cidade para vivir, e disfrutar, para soñar e compartir.

Bernardino Pardo Teijeiro

Número 24

Son tres cuartos galego (Pardo, Teixeiro, Ouro) e un cuarto maragato ( Revilla), polo tanto “galego cuarterón maragato”. Os meus avós ambos de dereitas, un recadador de impostos do que aínda falan con cariño as xentes moi vellas da Ulloa, e o outro un gran estratega militar que sempre avanzaba por diante dos seus homes e deixou a vida no fronte de batalla; as miñas avoas mulleres das que defenderon a formación das súas fillas ó mesmo nivel que os seus fillos nos primeiros do século pasado. Todos eles teñen o meu respecto e admiración.

Os meus pais aportáronme todo o necesario para ser o que son e un especial exemplo de servizo á comunidade na que viviron tratando de dar outro tanto como recibiron. Foi a mellor lección que recibín nunca.
Servín no exército con Franco e co Rey e son oficial do exército español na reserva.
Casei dúas veces e teño catro fillas e un fillo, tal vez por esta proporción entendo moito mellor a reclamación dos seus dereitos e da igualdade por parte das mulleres.
Fun director dunha empresa de transporte ferroviario en Portugal (Stifa) durante un ano, presidín unha sociedade científica varios anos e un couto de caza onde tratei de defender ós coellos e ás perdices sen moito éxito. Presentei un programa na TVG (Centro médico) de divulgación médica ata que me botaron del por razóns políticas e envexa profesional; despois de acadar un éxito de crítica no meu período de presentación, o programa esmoreceu e pechou.
Dirixín as institucións non hospitalarias da provincia de Lugo, abrindo nove centros de saúde e pondo en marcha os puntos de extracción periférica de sangue en moitos deles.
Son vicepresidente de ASPNAIS, asociación dedicada á integración dos discapacitados psíquicos, e levo máis de vinte anos na súa xunta directiva. Son contertulio da SER nos derradeiros trinta anos, estou coma socio en Unicef e Adega. Pertenzo a Asociación para a defensa da sanidade pública e a Plataforma Non Grazas que propugna unha prescrición baseada en principios técnicos e éticos e lonxe das presións de Farmaindustria.
Escribín un traballo de tesiña e un feixe de artigos de opinión e profesionais, e máis de un traballo científico, que ben se poden considerar un libro. Este ano plantei máis de 300 árbores entre castiñeiros, freixos, cerdeiras e carballos.
A maiores son médico e un experto en desbrozar monte cun tractor de dobre tracción.
Como se pode deducir polo currículo, xa vou cara a xubilación.

Zita Méndez Fernández

Número 25

Son asturiana e teño 62 anos. A miña formación académica fíxena entre Oviedo e Valladolid. Traballei en Euskadi durante un tempo. e agora vivo e traballo en Lugo dende os últimos 30 anos.Antes de instalarme en Lugo definitivamente, traballei uns meses na Coruña.

Juan Antonio Lázare

Primeiro suplente

Alguen lle preguntou a Teresa de Calcuta se iba a unha manifestación contra a guerra e ela contestou: ”Cando fagades unha a favor da paz, avisádeme”. Esto vén a conto de que eu non estou contra nada nin contra ninguén. Estou a favor da xente, a favor de axudar ós parados, a favor de que ninguén pase fame na miña cidade, a favor de que a xente teña luz e auga, de que non haxa deshaucios. A favor do medio ambiente, da educación pública, da cultura, do deporte. Vótame e xuntos cambiaremos a cidade.

Jesús Ángel Gómez Vázquez

Suplente 3

Chámome Jesús Ángel Gómez Vázquez, teño 41 anos e preséntome ás eleccións primarias de Lugonovo con ilusión e ganas de contribuir ó necesario cambio que precisa a noso concello.

Ante a situación actual de grave crise económica e social non cabe quedar cruzado de brazos na casa senón que é a hora de actual e Lugonovo é a plataforma da xente común donde a xente da rúa e non a dos despachos podemos crear un proxecto ilusionante. Son xove en política pero cheo de ilusións e ideas para que o noso concello sexa o concello de todos e non só duns poucos. Por todo iso pido o voso voto