Carta Financieira

Carta Financeira de Lugonovo

A cultura da nova política ten como eixo fundamental a transparencia, por iso en Lugonovo elaboramos esta carta financeira, para explicar á cidadanía de Lugo de onde veñen os recursos que nos permiten financiarnos, e con que criterios os empregamos.

En Lugonovo axustámonos rigorosamente á legalidade vixente do estado español, cumprindo detalladamente a Lei de Financiamento de Partidos Políticos que regula o uso de fondos públicos e a obtención de fondos privados, como son as aportacións e as doazóns.

Como colectivo cidadá presente no Concello de Lugo, queremos presentarvos esta carta que regula de maneira xeral a nosa actividade económica, e que se rexe polos seguintes principios:

Principios

  • Transparencia
  • Autofinanciamento e solidariedade: Rexeitamos os créditos bancarios que puidesen acabar supeditando as nosas decisións a intereses foráneos. Por iso na campaña electoral empregamos un sistema de préstamos nos que as inscritas aportaban pequenas cantidades que en poucos meses puidemos xa devolver.
  • Publicidade e control: Os informes económicos estarán a disposición da militancia que así o requira, así como se publicará un resumo na paxina web de Lugonovo, e haberá un mínimo de dúas persoas encargadas de fiscalizar toda a actividade económica.
  • Mancomunidade: As contas de Lugonovo estarán mancomunadas e precisarán da sinatura de varias persoas para realizar calquera operación.
  • Toda persoa con cargo político e de representación vinculada a Lugonovo coñecerá e aceptará esta carta financeira.

Recursos

  • Representantes designados por elección:

Lugonovo é unha organización de carácter local, asentada co Concello de Lugo, que por tanto conta unicamente con representantes neste ámbito.

Como todos os grupos municipais, recibimos unha cantidade anual fixa en forma de subvención vinculada o numero de representantes no Concello. Aceptamos e usamos esta subvención en aras de mellorar cada día a nosa labor institucional, e esta cidade en consecuencia.

Por outra banda, toda persoa que ocupe un posto de designación exclusiva ou parcial como representante electo de Lugonovo no Concello de Lugo, aportará unha cantidade mensual o partido segundo a seguinte táboa:

Ingreso Bruto Achega Mensual
Dende Ata  
0 12.000 1% voluntario
12.001 20.000 3%
20.001 30.000 4%
30.001 40.000 5%
40.001 50.000 6%
50.001 60.000 8%
60.001 A estudar

As representantes municipais sen dedicación exclusiva conservarán os seus ingresos por asistencia a plenos e comisións en concepto de gastos de representación política derivados da súa labor (dietas varias e gastos de desprazamento)

  • Cotas de afiliación:

En Lugonovo, a diferenza dos partidos clásicos, temos un sistema de cotas totalmente voluntarias para as nosas afiliadas, xa que non discriminamos a ninguén por razóns económicas. Estas cotas axudan moito a manter independente a nosa organización, mais é total libre elección das afiliadas en que medida aportan e con que medios (dicimos isto porque é o seu traballo e ilusión o noso maior capital).

Non obstante, no caso de querer que as cotas se domicilien, establecemos un pago semestral de mínimo 36€ (6€/mes) debido os custos bancarios da domiciliación. A outra opción é pagar en mau no local á persoa responsable (a que ten o talonario de recibos).

  • Aportacións extraordinarias de simpatizantes
  • O noso principal recuso, o capital humano:

Dende Lugonovo non queremos parar de agradecer todo o traballo levado a cabo pola nosa xente, que en definitiva é a esencia de Lugonovo, por quen a loita institucional é un mero complemento á xeración de un novo Lugo nas rúas desta cidade.

Gastos

Con periodicidade anual, faremos publico un informe detallado dando conta de cada unha das partidas de gasto.

Os cartos recibidos polo grupo municipal adicaranse ao fin para o que foron concedidos: posibilitar o funcionamento do grupo e a súa relación ca cidadanía.

As persoas que aporten traballo voluntario serán resarcidas dos gastos que esa actividade lle ocasione sempre que ese traballo sexa encomenda da organización.

Relación con outros grupos políticos doutros ámbitos

Como xa temos repetido, Lugonovo é unha agrupación independente de ámbito local. Iso implica que organizativamente temos unha plena independencia, e no plano económico tamén. Lugonovo non recibe por parte doutras organizacións ningún tipo de fondo.