Plenos

Lugonovo pregunta polo futuro dos ceadores do parque do Pazo de Feiras

  • Posted By: lugonovo
  • Posted In: Plenos
  • Xaneiro 12, 2018
  • 0 Comments

O Grupo Municipal Lugonovo quere saber cal é o futuro que lle agarda aos ceadores do parque do Pazo de Feiras e Exposicións, despois de que o último que quedaba en pé fose derrubado polo temporal Bruno.

Ler máis

Lugonovo di NON a unha moción de censura liderada ou apoiada pola dereita

  • Posted By: lugonovo
  • Posted In: Plenos
  • Decembro 29, 2017
  • 0 Comments

NON”. A posición de Lugonovo sobre unha moción de censura liderada pola dereita é absolutamente clara.

E así o trasladou a súa portavoz esta mañá no encontro mantido por tódolos voceiros que integran a oposición na Corporación para debater sobre as posibilidades de que prospere unha alternativa de goberno encabezada ou apoiada polo Partido Popular ou por Cidadáns.

Ler máis

Lugonovo acadou a maioría para a súa proposta de instar ao goberno central a cumprir co acordado no Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

“O pasado 9 de outubro o Congreso dos Deputados acordou que, con cargo aos Presupostos Xerais e, durante os próximos cinco anos, se destine ás administracións locais, vía tranferencia, un incremento anual de 20 millóns de euros para loitar contra esta lacra e asistir, de forma integral, ás súas vítimas”, explicaba esta mañá a voceira da formación durante a súa intervención no Pleno.

Ler máis

Lugonovo votou en contra dos presupostos de 2018. A decisión foi avalada pola maioría dos asistentes á Asamblea celebrada o mércores pola Plataforma.

“Estes non son os nosos orzamentos – di a portavoz. Son unhas contas infladas, irreais, electoralistas e irrealizables que a penas difiren das que xa presentaran para este exercicio, que non resolven as grandes eivas do Concello e que deixan de lado a intervención social, para nós, un dos principais piares da política municipal”.

Ler máis

Lugonovo trasladará ao vindeiro Pleno unha proposta para instar ao goberno central a cumprir co acordado no Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

“A iniciativa foi votada o pasado 9 de outubro polo Congreso dos Deputados para que, con cargo aos Presupostos Xerais e, durante os próximos cinco anos, se destine aos Concellos, vía tranferencia, un incremento anual de 20 millóns de euros para loitar contra esta lacra e asistir, de forma integral, ás súas vítimas”, explica a portavoz da formación, Cristina Pérez Herráiz.

Ler máis

Lugonovo vén de rexistrar unha proposición para que o goberno presente ao Pleno, para a súa aprobación, a Ordenanza Municipal Sobre Verteduras de Augas Residuais, dado que a actual non se adapta á normativa autonómica. O Grupo Municipal pedirá tamén que se deseñe un cronograma que recolla a redacción progresiva dos proxectos de abastecemento e saneamento do rural.

Ler máis

Lugonovo e BNG – AA defenderán no Pleno de hoxe unha proposición conxunta para promover que o Concello de Lugo rexeite publicamente os feitos represivos rexistrados en Cataluña.

Ler máis

Lugonovo tratará de aportar o seu gran de area á salvagarda da memoria histórica.

Ler máis

Lugonovo anuncia a súa abstención nas votacións do pleno do 18 de agosto

  • Posted By: lugonovo
  • Posted In: Novas, Plenos
  • Agosto 17, 2017
  • 0 Comments

 

Lugonovo valora positivamente a convocatoria do pleno extraordinario que terá lugar mañá pola mañá porque Lugo precisa urxentemente os investimentos que o Concello planea aprobar na sesión. Porén, considera que a proposta actual relativa á modificación orzamentaria e ao suplemento de crédito non responde ás necesidades específicas de Lugo e, polo tanto, o que saia do pleno será insuficiente para afrontar con garantías os desafíos da nosa cidade.

Ler máis

Lugonovo acadou no Pleno deste mes de abril a unanimidade á súa proposta para ampliar a declaración de Patrimonio da Humanidade que xa teñen a Muralla, a Catedral e o Camiño Primitivo a todo o Casco Histórico. Unha medida, coa que a formación, trata de mellorar a conservación desta parte da cidade e de pular pola súa rexenaración.

Ler máis