Sensibilización

Ante a chegada dunha nova etapa vacacional, e co abandono de animais de compañía que adoita acompañar estas datas, Lugonovo presentará un rogo no Concello na comisión pertinente para reclamar que a Policía Local reciba formación específica en benestar animal.

Ler máis

A portavoz de Lugonovo Cristina Pérez reclama medidas de especial protección para o túmulo megalítico situado no coñecido como “Leiraparking” xunto ao Hospital Universitario Lucus Augusti, ante a intención do Concello de Lugo de habilitar esta parcela municipal como aparcadoiro.

As declaración foron realizadas durante a visita que unha delegación de Lugonovo realizou ao lugar en compañía do experto en prehistoria Xabier Moure do blog O Noso Patrimonio.

Ler máis

O 25 de Xullo é unha festa, a festa en que celebramos ser, recoñecernos, ter e querer os elementos que nos unen nunha comunidade perfectamente identificabel.

Tamén é un día para reivindicar os dereitos colectivos, as aspiracións nacionais.

A patria é a expresión da vontade colectiva, o país que imaxinamos e polo que loitamos.

Sabemos que a loita democrática radical, a defensa dos dereitos dos individuos e a toma de decisións dende abaixo conduce a esa identificación e reclamación colectiva. 

Ler máis

DEREITO ANIMAL: TRAS O EXITOSO FALADOIRO, SEGUIMOS COA FOLLA DE RUTA

Representantes da asociación animalista LIBERA! e da Franz Weber Foundation formaron parte do faladoiro que tivo lugar o pasado sábado no local de Lugonovo coa fin de intercambiar ideas e propostas para mellorar a vida dos animais en Lugo e lograr unha convivencia responsable, pacífica e harmoniosa entre a cidadanía e os animais. Unicamente con políticas públicas de protección animal poderemos acadar este importante logro. Para iso, como primeiros pasos acordordáronse as seguintes propostas:

Ler máis

Lugonovo pide saber cómo está combatindo o Concello a fraude fiscal

eneko-fraude_fiscal-2 Lugonovo pregúntalle ó goberno se, tal e como obriga a lexislación actual, este Concello elabora cada ano un Plan de Control Tributario. O Grupo Municipal ven de rexistrar a cuestión para que se lle dea resposta na Comisión de Contas do mes de novembro. Ler máis

O Día das Letras Galegas, en Castelán

O idioma é a forza que nos xungue e sostén. Se perdemos a fala non seremos ninguén!  A Fala, Manuel María  
Nota informativa da Biblioteca Pública de Lugo Nota informativa da Biblioteca Pública de Lugo

Ler máis
“Cando hai asasinatos de mulleres ou casos de maltrato todo o mundo se escandaliza, pero logo consentimos este tipo de violencia de xénero con total normalidade"
Espazo publicitario situado no Ceao Espazo publicitario situado no Ceao

Ler máis