Código ético

INTRODUCCIÓN

Queremos transparencia, contas claras, responsabilidade e honestidade na xestión.
Queremos escoller as persoas que nos representen e o xeito en que o farán.
Queremos un Lugonovo, onde os cargos electos respondan ante a cidadanía e gobernen segundo os mandatos da asamblea. Para elo, dotarémonos deste Código Ético que guiará @s nos@s representant@s que defenderán a declaración dos dereitos humáns.

1.- Fiscalización da representación política

I. Defender o establecido no programa político da candidatura e actuar como representantes do pobo, coa obriga de respectar as decisión tomadas nos mecanismos democráticos establecidos; mecanismos abertos a toda a poboación que a candidatura estableza, promovendo a corresponsabilidade política de todos e todas.

II. Unha das principáis funcións dos membros electos será a de impulsar, facilitar e practicar un retorno, devolución ou transferencia do poder de decisión ás bases e a veciñanza, para así gobernar obedecendo os mandatos populares concretos e directos.

III. Os cargos electos e os de confianza asumirán e compartirán o seu sometemento aos procesos e espazos de participación e decisión acordados pola propia candidatura, que garantan a transparencia, a rendición de contas e a revogación (de darse o caso, por non cumprir os principios básicos).

IV. Facer públicas as axendas dos representantes electos, visibilizando con quen se reúnen a cotío e os temas que tratan.

V. LUGONOVO facilitará os ingresos, bens e rendementos patrimoniais dos seus representantes públicos, así como aqueles datos precisos para a detección de posibeis conflitos de intereses. Este compromiso deberá estenderse aos catro anos seguintes á súa saída da función pública.

VI. Publicar os criterios de contratación dos cargos de confianza, de habelos.

VII. Dar conta das actuacións perante a cidadanía mediante instrumentos presenciáis e as novasTecnoloxías.

VIII. As candidaturas establecerán espazos asembleares de debate no nivel barrio/parroquia abertos a quen desexe participar. Nela participarán cargos electos e será onde renderán contas e se establecerán liñas a seguir. Serán convocadas cunha periodicidade mínima de 6 meses.

IX. De xeito similar habilitaranse espazos asembleares no nivel municipio coas mesmas funcións. Serán convocadas con carácter trimestral.

X. Todos os cargos públicos electos terán a obriga de asistir a estes espazos asemblearios na medida que a súa axenda institucional llelo permita, facendo un especial esforzo por estar presentes. Tomaranse actas de acordos e favorecerase que o debate se centre nas problemáticas de zona.

XI. Establecerase xuntanzas cos diferentes colectivos, nos cales se recollerán demandas concretas e propostas de intervención nos diferentes ámbitos. A dilatación destas xuntanzas e acordos deberá ser fundamentada por escrito por parte dos cargos públicos

XII. Utilización, difusión e creación de software informático de código aberto.

XIII. Aceptar a censura, e no seu caso a revogación, de concelleiras/os e cargos de confianza por mala xestión ou incumprimento flagrante e non xustificado do programa. Estableceranse os medios de garantía necesarios para a avaliación da xestión das persoas con cargos públicos. Será a cidadanía quen teña o dereito e o deber de participar e controlar a labor destes.

XIV. Non acceder, nos 8 anos seguintes, ao exercizo dun cargo de representación institucional a postos de responsabilidade en empresas creadas, reguladas, supervisadas ou beneficiarías dun contrato municipal.

XV. Garantir a participación cidadá na toma de decisión relevantes e no posicionamento político da candidatura sobre temas estratéxicos e proxectos de impacto social, ambiental ou urbanístico da cidade, barrios ou parroquias. Neste senso adquiren especial relevancia os referendos para sondar a opinión da cidadanía.

XVI. As persoas electas comprométense a impulsar e apoiar as iniciativas cidadás propostas…

2.- Transparencia, contas claras e finanzas éticas

Os representantes electos de LUGO NOVO comprométense a:

I. Ser transparentes na súa xestión, publicando desagregados todos os datos referentes aos ingresos e gastos, que xestionarán de xeito social e solidario. Asimesmo, calquera membro de Lugonovo deberá absterse de participar na contratación de bens e servizos, tanto para o concello como para a propia organización, naqueles contratacións nas que pudieren ser beneficiarias do contrato.

II. Todos os cargos electos e de confianza dos grupos municipais comprometeranse a facilitar publicamente todos os datos que este ao seu alcance, ou teña forma legal de conseguir, para a elaboración de auditorías cidadás.

III. De xeito periódico faranse públicos de xeito desagregado todos os gastos que xere o grupo municipal e os seus cargos electos ou de confianza..

IV. As doazóns privadas non poderán superaros 2500 euros.

V. Lugonovo comprométese á renuncia explícita dos créditos bancarios e as doazóns de particulares que podan coartar a súa independencia política. Lugonovo tenderá a traballar coas institucions de banca ética para garantir a súa independencia e a coherencia co seu programa.

VI. Os representantes electos así como o persoal de confianza, como mínimo durante a duración do mandato, tenderán a cobrar as súas retribucións mediante contas en entidades de banca ética.

VII. A candidatura fará pública a declaración de ingresos persoais, de bens e rendemento patrimonial dos cargos electos e de confianza cada verán despois da campaña do IRPF.

VIII. Non aceptar tratos de favor, denunciándose se se observan, en calquera forma e circunstancia á comisión ética e de garantías que se estableza. Renuncia e denuncia dos agasallos, vantaxes e/ou privilexios pagados con cartos públicos que poden ser ofertados pola súa condición e que podan significar un trato de favor. Tampouco aceptarán agasallos de persoas, entidades, institucions ou empresas de ámbito privado susceptíbeis de ser consideradas suborno, ou que teñan como obxectivo unha contraprestación ou cambio de posicionamento político para favorecer intereses máis ala do ente público. Se o ofrecemento se chega a producir, farase público e se tomarán as medidas legáis correspondentes. Entendese como agasallo calquera doazón de diñeiro ou artigos de valor, prestación de favores, descontos e préstamos vantaxosos..
Farase público a non aceptación destas vantaxes. Os cargos públicos denunciarán todo ofrecemento sutil ou explícito.

IX. Apostar claramente por unha limitación drástica do gasto na campaña electoral.

X. Os gastos de campaña, provisión de bens materiais ou servizos, realizarase na medida do posíbel a través de economía cooperativa ou da propia autoxestión. No caso de non pode realizarse por falla de oferta ou razóns de forza maior, estas deberán ser debidamente documentadas publicamente.

XI. Fomentar o micromecenado finalista, destinado a accións e necesidades concretas.

XII. Os gastos dos grupos municipais xestionaranse a través de economía
cooperativa e xustificarase as razóns de cando non sexa posíbel.

XIII. Aceptarase o financiamento da mobilidade dos cargos públicos ou do persoal de confianza, priorizandose o uso de transporte público e/ou colectivo. De non ser posible, cobrarase coa presentación de factura que xustifique o gasto.

XIV. Non duplicar cargos en institucións, salvo naqueles vinculados a súa condición
de concelleira/o.

XV. Non duplicar soldos, nin cobrar remuneracións extras por asistir a xuntanzas.
Penalizar a non asistencia a xuntanzas, salvo causa xustificada.

XVI. Limitación de mandato a dúas lexislaturas, contadas dende hoxe.

XVII. Compromiso de renuncia ou cese de xeito inmediato de todos os cargos ante a imputación pola xudicatura en delictos relacionados coa corrupción, prevaricación con ánimo de lucro, tráfico de influencias, enriquecemento inxusto con recursos públicos ou privados, suborno, malversación e apropiación de fondos públicos, ben sexa por interese propio ou por favorecer a terceiras persoas. Así como tamén en casos de acusación xudicial por delitos de racismo, xenofobia, violencia de xénero, homofobia ou outros delitos contra os DDHH ou os dereitos das persoas traballadoras. De igual xeito se tratarán os casos de delicto ou atentado contra a biosfera.,
Naqueles casos en que a imputación derive por actos en defensa de posición políticas de Lugonovo (exemplo, defensa ante un desafiuzamento, Lei Mordaza…) a asamblea decidirá si debe ou non dimitir.

XVIII. Facer un bo traspaso da información, seguindo o acordado pola candidatura.

XIX. Reducción dun mínimo do 50% dos custes da Corporación Municipal..

XX. Os cargos electos e os de confianza poderán recibir compensacións económicas polos seus gastos de transporte público ou colectivo ocasionados a raíz da súa actividade pública, así como de alimentación e aloxamento e caso de xustificarse previamente dita necesidade.