Elección da Cabeza de Lista Electoral

Cristina Pérez Herraiz

Xa hai case catro anos que tomei a decisión de participar deste proxecto chamado Lugonovo. Un espazo aberto, conciliador, transparente e solidario, onde se busca cambiar a sociedade en que vivimos. Loitamos e traballamos por unha cidade mellor nun mundo mellor.

Unha cidade onde haxa esperanza para a nosa mocidade, pero tamén un presente para toda a cidadanía. Unha cidade accesible e sostible. En definitiva, unha cidade onde sexa fácil vivir e convivir.

Seguimos traballando con ese horizonte como fixemos os últimos tres anos. Como ata agora, queremos ser a voz da veciñanza para traballar por facer realidade ese Lugo mellor.