Grupo Municipal e Iniciativas

Cristina Pérez Herraiz

Portavoz Municipal. Economía e Benestar social

Preocúpanme o paro e a precariedade laboral porque coñecín ambas as dúas realidades moi de preto. Por iso traballo polo Lugo que eu quero: con futuro e con presente. Unha cidade que respete ás persoas, o medioambiente e a nosa cultura. Quero vivir nun Lugo igualitario e integrador, máis xusto e para todos.
Loito por aumentar as posibilidades de participación cidadá real para todas as lugueses e lugueses. Considero que é a mellor maneira de representar o pobo: poñendo nas súas mans as ferramentas para autogobernármonos.

Victoria Esteban Riesco

Cultura e educación

Vou impulsar a participación cidadá real. Hei defender o establecido no noso programa político e traballar como auténtica representante do pobo. O que máis me preocupa: o paro e a precariedade laboral, cuestións que coñezo moi de preto. Quero un Lugo con futuro para a súa mocidade e presente para todos. Unha cidade que respete ás persoas, o medioambiente e a nosa cultura. Un Lugo onde sexa fácil vivir en igualdade e integración social. Un Lugo máis xusto e para todos.

Victor Álvarez

Urbanismo, medioambiente,
deportes e rural

Toda a miña vida profesional está ligada ao mundo rural. Por iso quero que o Concello mire máis para este medio, entendéndoo como unha oportunidade para o desenvolvemento de Lugo en varios eidos: turismo, cultura, pequenas industrias ou lecer.
O noso obxectivo, en definitiva, é que Lugo poña as bases para ser unha cidade verde. Unha cidade que respecte ao medio ambiente e promova unha vida saudábel para os seus habitantes grazas entre outras medidas á promoción do deporte de base en instalacións dignas e axeitadas. Unha cidade que poña á xente antes que o cemento, revisando en profundidade o PXOM. Un Lugo máis humano.

O NOSO TRABALLO

Ordenanzas:

  • Incremento do IBI para os inmobles de usos non residenciais
  • Exención das taxas da auga, o lixo e os sumidoiros para as persoas que só perciben unha pensión non contributiva.
  • Proposta para grabar ás empresas telefónicas e ás compañías de distribución de enerxía pola ocupación do espazo público.
  • Revisión do rueiro para facer unha catalogación máis xusta

Proposicións:

  • Para o control da calidade dos servizos externalizados.
  • Para a creación dunha comisión de control e fiscalización das contratacións públicas.
  • Para a creación dun marco reitor de cláusulas sociais que rixan a contratación pública.
  • Para estender a catalogación de Patrimonio da Humanidade ao Casco Histórico.
  • Para crear un rexistro de soares abandonados.
  • Para a creación dun servizo de limpeza e baleirado de fosas sépticas.
  • Para crear unha Oficina Rural Municipal.

Denuncias:

  • Situación irregular dos contratos do guindastre, dos museos, da auga, etc…
  • Desmantelamento dos servizos electromecánicos, de inspección, e do negociado da policía.
  • Falta de inspección do que tributan as compañías eléctricas.
  • Tramitación irregular das axudas de emerxencia.

Peticións:

  • Creación da Renda Básica Municipal.
  • Necesidade de crear aparcamentos disuarios, de mellorar a seguridade viaria nas contornas escolares (Piringalla, Albeiros, Avenida Ramón Ferreiro e Montirón); de resolver a situación de ruína do Edificio número 48 da Ronda da Muralla.

Oposición constante á xestión do Garañón e da Fábrica da Luz