Grupo Municipal

Cristina Pérez Herraiz

Portavoz Municipal. Economía e Benestar social

Preocúpanme o paro e a precariedade laboral porque coñecín ambas as dúas realidades moi de preto. Por iso traballo polo Lugo que eu quero: con futuro e con presente. Unha cidade que respete ás persoas, o medioambiente e a nosa cultura. Quero vivir nun Lugo igualitario e integrador, máis xusto e para todos.
Loito por aumentar as posibilidades de participación cidadá real para todas as lugueses e lugueses. Considero que é a mellor maneira de representar o pobo: poñendo nas súas mans as ferramentas para autogobernármonos.

Victoria Esteban Riesco

Cultura e educación

Vou impulsar a participación cidadá real. Hei defender o establecido no noso programa político e traballar como auténtica representante do pobo. O que máis me preocupa: o paro e a precariedade laboral, cuestións que coñezo moi de preto. Quero un Lugo con futuro para a súa mocidade e presente para todos. Unha cidade que respete ás persoas, o medioambiente e a nosa cultura. Un Lugo onde sexa fácil vivir en igualdade e integración social. Un Lugo máis xusto e para todos.

Victor Álvarez

Urbanismo, medioambiente,
deportes e rural

Toda a miña vida profesional está ligada ao mundo rural. Por iso quero que o Concello mire máis para este medio, entendéndoo como unha oportunidade para o desenvolvemento de Lugo en varios eidos: turismo, cultura, pequenas industrias ou lecer.
O noso obxectivo, en definitiva, é que Lugo poña as bases para ser unha cidade verde. Unha cidade que respecte ao medio ambiente e promova unha vida saudábel para os seus habitantes grazas entre outras medidas á promoción do deporte de base en instalacións dignas e axeitadas. Unha cidade que poña á xente antes que o cemento, revisando en profundidade o PXOM. Un Lugo máis humano.