O NOSO TRABALLO
Ordenanzas:
- Incremento do IBI para os inmobles de usos non residenciais
- Exención das taxas da auga, o lixo e os sumidoiros para as persoas que só perciben unha pensión non contributiva.
- Proposta para grabar ás empresas telefónicas e ás compañías de distribución de enerxía pola ocupación do espazo público.
- Revisión do rueiro para facer unha catalogación máis xusta
Proposicións:
- Para o control da calidade dos servizos externalizados.
- Para a creación dunha comisión de control e fiscalización das contratacións públicas.
- Para a creación dun marco reitor de cláusulas sociais que rixan a contratación pública.
- Para estender a catalogación de Patrimonio da Humanidade ao Casco Histórico.
- Para crear un rexistro de soares abandonados.
- Para a creación dun servizo de limpeza e baleirado de fosas sépticas.
- Para crear unha Oficina Rural Municipal.
Denuncias:
- Situación irregular dos contratos do guindastre, dos museos, da auga, etc…
- Desmantelamento dos servizos electromecánicos, de inspección, e do negociado da policía.
- Falta de inspección do que tributan as compañías eléctricas.
- Tramitación irregular das axudas de emerxencia.
Peticións:
- Creación da Renda Básica Municipal.
- Necesidade de crear aparcamentos disuarios, de mellorar a seguridade viaria nas contornas escolares (Piringalla, Albeiros, Avenida Ramón Ferreiro e Montirón); de resolver a situación de ruína do Edificio número 48 da Ronda da Muralla.
Oposición constante á xestión do Garañón e da Fábrica da Luz