Novas

Lugonovo trasladará ao vindeiro Pleno unha proposición co obxectivo de acadar o apoio da Corporación para instar á Xunta de Galicia a modificar a actual política forestal do país e a diminuír o número e a repercusión dos incendios que se rexistran na comunidade.

Cristina Pérez Herráiz trasladou esta mañá ao Foro de Igualdade as súas queixas pola raquítica difusión que, dende o Concello, se lle deu á campaña, solicitada por Lugonovo no pasado Pleno, para acadar unhas festas libres de agresións sexistas.

200 litros. Esa é a cantidade aproximada de auga que unha soa vaca precisa ao día.

Cabichas de tabaco, bolsas de plástico e envases de bebidas mestúranse coas malas herbas no areeiro infantil de Novo Freire. Mesmo o bebedoiro está cheo de terra.

A formación cre que o convenio do Auditorio pode comprometer a negociación do proxecto  previsto para o barrio da Residencia

“Un paripé e unha tomadura de pelo”, así é como Cristina Pérez Herráiz definiu a mesa de traballo das Ordenanzas convocada esta mañá polo goberno.

“É un trato pésimo. Unha decisión irresponsable que hipotecará durante anos ao Concello e que claramente instrumentaliza os medios públicos con fins electorais”.

“Suspenso en mobilidade”. A portavoz de Lugonovo non dubida da cualificación que lle merece a xestión do goberno local en canto á organización do tráfico na cidade.

Trala Comisión do Garañón celebrada esta mañá, o edil Iñaki García referiu a necesidade de agardar a dispoñer do informe realizado polo Servizo de Disciplina Urbanística para avaliar con precisión os pros e contras das dúas opcións que os técnicos deste departamento consideran máis acaídas para r

Lugonovo e BNG – AA defenderán no Pleno de hoxe unha proposición conxunta para promover que o Concello de Lugo rexeite publicamente os feitos represivos rexistrados en Cataluña.